Duel of Fates
2024-04-17
Lyrics
Rodolfo botoulle unha fría mirada E o cabaleiro sacou a sua espada A xente que estivera calada Sen preguntar porque estaba asustada aquí quen vai gañar? Deu un gran golpe o cabaleiro Que atacando foi o primeiro 16 Rodolfo parouno coa espada de aceiro E a xente dicía, coa man no sombreiro aquí quen vai gañar? Entón revolveuse e deulle nas costas Que o cabaleiro deixara expostas As cousas estaban moi mal dispostas E a xente seguía facendo apostas aquí quen vai gañar? E cando xa todo estaba perdido O cabaleiro xirou de seguido Caendo ó chan Rodolfo ferido Perdendo a espada e quedando abatido O cabaleiro vai gañar! O cabaleiro está a gañar! O cabaleiro xa gañou!